Romanía
E de berrar ao teu carón
que eu son teu e que ti es miña.
E de que abramos o portal do edificio
porque chegamos dalgures, e nos metamos os dous xuntos.
E de estar mirando a tele, os dous abrazadiños
e que ti comentes todo o que ves.
E de ir xantar á casa da túa nai
e que os dous nos fartemos a lentellas.
E de ir á ría
a facer fotos.
E de sacar de paseo ó can
levando a correa un pouco cada un.
E de sentir a nosa cultura
compartindo a canción da gaita contigo.
E de saber decatarse de que evolucionamos
e somos unha parella moderna.
E de amar,
de poder pasar horas mirándote.
E de discutir de vez en cando
e que sempre ese día pola noite volvamos estar ben.
E de poder durmir na mesma cama
e que ti teñas a túa perna rodeándome, e eu a aloumiñe.
E de poder rir
cando te recoñezan pola rúa e che veñan falar.
E de espertar do meu soño
e saber que todo o que acabo de escribir non pasará xamais.
(1 votos)

- Inicie sesión o regístrese para enviar comentarios
- Versión para impresora





Comentarios y análisis
2 comentarios enviados.. Sí PASARÁ ....me encantó...!!
Poema pertencente ó libro " Vida ".